Iso fora
antes de decatarse de que pasaban os anos e o neno seguía sen moza e
sen traballo, e con amigos ós que lles levaba vintecinco anos e
bebían Trina con galletas de arroz. Entón comezaron a inquietarse.
Como non
sabían a quen lle habían consultar o caso, preguntáronlle a un
veciño que traballaba de psicólogo no centro de saúde. El
explicoulles que a querenza do rapaz por un mundo de superheroes e
poderes e feitos fantásticos era a súa maneira de fuxir dunha vida
cotiá que se lle facía dura, á que non lle atopaba chiste e na que
non vía sitio para el. Díxolles que era algo moito máis frecuente
do que puidera parecerlles, e non soamente propio de xente nova.
Nin pai
nin pai pasaran da EXB, así que non comprenderon nada. No sitio de
seguir profundando na cuestión, foron á igrexa rezarlle a un grupo
de individuos capaces, disque, de transgredir as normas da natureza e
o destino se lles daba a teima para que foran falar co ser
todopoderoso do que eran vehículo para que seu fillo recobrara o
sentidiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario