*
* *
(En
plano fondo, murmurios de xente. En plano medio, un asubío metálico.
É o sinal desde as xanelas do banco para dar a vez ó seguinte
cliente)
Caixeira:
(Voz de ton medio, xovial, uns trinta
anos) Ola, Serxio! Que, onte foi boa,
eh?
SERXIO/VOZ
1: A que?
Caixeira:
A que non foi mala... (Risas)
A foliada, home. Con esas olleiras de desenterrado, loces igualiño
cá min un domingo pola mañá.
SERXIO/VOZ
1: Seguro que a ti aínda che acaían
os
domingos pos-insomnio.
Caixeira:
Ai si, ho! Coñécese que nunca me viches acabada de saír da cama e
sen lavar.
SERXIO/VOZ
1: (Poñendo
unha énfase especial, case soletreando)
Se tal ocorrera... Aínda pagaba por velo.
Caixeira:
(Risiña comedida)
Imos deixalo aí, crocodilo... A ver logo, canto vai ser hoxe?
Serxio:
Vinte, e ben me chegan.
Voz
2: Como? Se mañá xa non estarás
aquí. Para que tanto aforrar coma unha vella?
Caixeira:
E que tal circula ese currículo? Mandáchelo onde che dixen? Alí eu
penso que te collían, malo será.
SERXIO/VOZ
1: Tal vez ti teñas máis habilidade
cá min para explicarlle a calquera selector de persoal un oco en
branco no teu historial de cinco anos. É algo que te fai
“sospeitoso”.
CAIXEIRA:
Home, desde que estoupou a burbulla inmobiliaria, haiche moito
sospeitoso por aí adiante.
SERXIO/VOZ
1: Eu xa o era antes.
Caixeira:
Pois proba algo distinto... Unha sinatura por aquí... Mira a ver
poñendo copas. Ou de animador de despedidas de solteira. Ten moita
demanda, dígocho eu. (Risas)
SERXIO/VOZ
1: Como acabe eu de “boy”,
significará que algo cheira a podre en Dinamarca.
Caixeira:
(cunha lene vacilación)
Que dramático... Hala, aí che vai. E volve cando queiras. Isto cada
vez está máis aburrido. Moito boto en falta ese teu humor entre
tanta gravata.
Voz
2: Xa, ruliña, e as vacas van en
avioneta...
SERXIO/VOZ
1: Eu dramático e ti falsa. Moi ben
disimulas o moito que me odias.
(En
plano medio, asubío metálico de cambio de vez)
Caixeira:
(pensativa)
Por que sempre me tes que dicir o mesmo?
(En
plano medio, murmurios intensos da xente, pasos apresurados)
CAIXEIRA:
E a estes que lles deu? Saen escopeteados. Nin que acabara o diaño
de botar un peido aquí.
SERXIO/VOZ
1: Témome que ese barbudo con lentes
de sol que acaba de entrar teña algo que ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario