Foto: George Hodan |
Un
consumidor de cultura (se queren usarse palabras tan pouco
inspiradas) a ese nivel terá que ser alguén coas necesidades
básicas cubertas e un excedente importante na carteira para que
estean ó seu alcance os prezos habituais no sector, que baixos non
adoitan ser. Por forza, tería que pertencer á clase media-alta.
Tendo en conta que falamos de España e Galicia, igual o rango de
poboación que encaixe nesta descrición non é moi amplo, non nos
enganemos. O estándar son salarios ou pensións raquíticas ou
subsidios de 400 euros e mercar marca branca e de rebaixas. Con
semellante panorama, demandar un investimento con certa continuidade
en produto cultural sen máis é ocorrencia ben desafortunada. E os
que quedan capaces de responder a tal demanda, témome que sexan
demasiado poucos.
Matando
xa o conto: O produto cultural demanda un grupo consumidor numeroso e
poderoso. A meirande parte da poboación aquí non pode selo; só
trata de sobrevivir. A pregunta é: Por causa de quen ou de que?
Pódense dar moitas respostas, pero dificilmente “Os piratas
culturais” sexa unha válida, por moito que non estea mal a xeito
de brincadeira. Pénsese onde nos levan calquera das válidas, por
que terreos, cara onde apuntan. Pénsese con calma nisto, e logo, a
poder ser, actúese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario