Foto: Petr Kratochvil |
Están
este fulano e máis súa nai falando na cociña. Díxome-díxomes
familiares. O fulano ten corenta e moitos e case nunca sae da casa.
Non se fía dos bancos nin da xente. Desde que perdeu o emprego,
engordou 15 ou 20 quilos lambetada vai e lambetada vén, só mira
faladoiros de política das canles privadas (encántalle Intereconomía) e, cando o chama por
teléfono algún coñecido, finxe non estar. Pois o caso é que
semella facerlle moita gracia algo que dixeron sobre un antigo
compañeiro da construción hai pouco.
“Xa
oíches”, dille á nai, que atende sen dicir nada, talmente un
obxecto decorativo de 70 anos. “Disque Xan de Tal está aborrecido
da vida. Así me dixo o outro día Paco de Cal que lle dixera cando
se atoparon nun bar: 'Eu o que quero é morrer dunha vez. Vou canso
de vivir'.” Repite todo isto remedando unha voz bruta e queixosa a
un tempo. E
escarállase coa risa outra vez.
Volve repetir a frase, máis ou menos coas mesmas palabras e ton, e volta a escarallarse. Así leva varios minutos, veña e dálle. O bandullo bríncalle coma un saco de plástico cheo de unto. Debe resultarlle ridículo que alguén tan real diga algo tan de melodrama. Por moito que Xan de Tal leve anos a tratamento con antidepresivos, desde que a muller pedira a separación, segundo ela por ir “farta dun burro que só vale para traballar”. E este fulano, nada. Coma se estivera a imaxinar á morte en coiro.

Hai
moito que eu aquí non paso de convidado, así que me limito a
observalo cun moderado aire crítico. El non semella decatarse. Ou
si, pero fai burla da miña expresión severa. Non se lle remata a
corda. Segue e segue, repetindo palabras e risadas. “Eu o que quero
é morrer dunha vez. Vou canso de vivir”. Palabras e risadas, palabras e risadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario