Foto: Peter Griffin |
Hai
pouco lin na rede unha lista de consellos de (seica) Ray Bradbury para aspirantes a escritores. Non aportaban novidade ningunha con
respecto a outras listas de consellos doutros autores consagrados.
Basicamente, poderían resumirse en tres puntos: divírtete co que
fas, acumula moreas de coñecementos e le libros e mira filmes dos de
antes.
Se
acaso, unha novidade si que me aportaron: a de saber que Ray Bradbury
fora tan capaz coma outros bos escritores de caer nas inxenuidades e
lugares comúns asociados con demasiada frecuencia á imaxe estándar
do gremio.
Non
me estenderei en explicacións. Direi que calquera obra literaria,
mesmo a que poida antollarse pouco inspirada, custa moito traballo, e
a súa realización rara vez resulta un proceso verdadeiramente
divertido: hai que botarlle moita forza de vontade, e sobre todo
contar con vocación. Que, polo menos segundo a miña intuición, o
necesario para a creación literaria máis profunda e transcendente
(límpense estas palabras de toda connotación esnob que se lles
poida atopar) non se atopa en ensaio nin libro técnico ningún; non
está aí, senón en
todo o demais.
E que hai que andar con coidado á hora de recomendar este autor ou
aquel director “clásicos” no sitio de merdas modernas;
seguramente, no tempo no que estes “clásicos” publicaban e
estreaban, habería máis dun experto a recomendar autores e
directores anteriores, e non aquelas merdas modernas.
En
fin. Remato coa miña lista de consellos para aspirantes a escritor:
Non
fagades moito caso dos consellos para aspirantes a escritor. Cando se
acadou o cume, faise moi tentador ver o pé da montaña demasiado
preto. Cando un chegou arriba, xa ten pouco que ver co que comezou a
rubir. É un contrasentido, mais coido que así é.
Máis
nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario