martes, 30 de decembro de 2014

Mensaxe de Fin de Ano

Esta mañá fun mercar o pan. A dependenta queixábase do frío. Eu díxenlle «Estamos en decembro», e ela «Si, xa, pero é que...», que vén sendo a contestación lucense estándar cando se afirma que o inverno debe parecer inverno, aparte de selo cronoloxicamente. 
Caera unha xeada de moito nabo. «Mágoa que non nevara», dixen eu, que son moi apegado a certos clichés, coma os invernos cunha cuarta de neve, mínimo. Ela riu e respondeu: «E logo quéreslles escarallar a noite a eses que andarán correndo por aí fóra en Fin de Ano?». E entón materializouse a ocorrencia:
«Que corran... pola neve», dixen. Decateime á metade da frase. Se hai unha imaxe do Nadal máis evocadora, eu non son quen de imaxinala.
Feliz paso ó 2015, e gracias por estar aí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario