xoves, 1 de decembro de 2016
A derradeira
Foto: George Hodan
Pois si, esta é a fin: a derradeira entrada d'A Pequena Novela Galega. Non teño máis interese en seguir, por entender que xa dixen canto tiña que dicir, e porque isto me está a quitar tempo para outras cousas. Tampouco creo que vós o teñades en que continúe. Desde logo, popular, o que é popular, non foi este curruncho. Tal vez un dos meus moitos defectos, o de dicir o que, sen pretender ser ofensivo, ás veces non agrada, produciu as consecuencias imaxinables.
Sexa como for, ata aquí chegamos. Non sei se volverá APNG. Pero non estivo mal. Moitas gracias a todos os que viñestes de visita. Penso que nos veremos outra volta.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario