Foto: Maliz Ong |
Ó meu coñecido
expliqueille que non era o dos premios un xeito de conseguir efectivo
moi diferente do das apostas deportivas. Sabemos el e máis eu, por
botarmos de cando en vez unha moeda nunha máquina para selar unha
combinada de sete partidos, que o azar é tan poderoso coma a morte.
O éxito dunha aposta depende en grande parte de que un futbolista do
equipo favorito non teña o día atravesado e se faga expulsar ós
vinte minutos estilo Képler Laverán Lima Ferreira, alias Pepe. Pois nos certames
literarios case ocorre outro tanto. Tamén alí hai moitos Pepes.
Pode haber Pepes autores que teimen en non se cinguir ó que se
agarda deles e brinquen a couces coa moda vixente; e pode haber Pepes
membros de xurado resistentes a iniciar tratamento con metadona
contra o academicismo ou as manías que anubran a obxectividade. É
terreo minado para quen teña algo mellor (pagado) que facer na vida, desde
logo. O problema é que as apostas polo método ianqui de cotas,
sempre que haxa sorte, non dan máis rédito ca catro cadelas. Así
que un debe xogar ó Gordo da Primitiva: pouco é o que se precisa
para apostar, pero a probabilidade de premio é unha entre varios
millóns. Neste aspecto, a vida dun escritor ten pouca complicación
á hora de facer a escolla, polo limitado das alternativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario