Foto: X posid |
Pero non é a razón máis poderosa do meu desexo xa vivo de que axiña chegue o 7 de xaneiro. Estoutra é máis solemne. O ideal sería que vós mesmos a experimentarades, porque non é doada de explicar a golpe de tecla. É cousa de impresións, dos sentidos. Comprenderedes, tal vez, de que falo se vos deixades caer por Lugo na tarde dun día 24, máis aínda na dun 25 e, por enriba de todo, na do 1 de xaneiro. A do 24 vai cargada desa premura por chegar a unha casa quente que non todos coñecemos. A do 25 é un paso intermedio entre a humanidade e a petrificación. No tocante á de Aninovo, habiades notar máis sensación de vida nos restos da batalla do Órbigo. En teoría é algo comprensible: na noite anterior, moitos negáronse a durmir para non perder a estrea. O comprensible é que o deserto dure ata a hora do xantar. Se a un lle dan as catro da tarde mirando a vida pasar deitado nun sofá, sen decatarse da necesidade de aire fresco, cómpre poñerse no caso de que en Corea do Norte ou Irán se oíra de súpeto un forte estoupido. Que carallo de final merdento sería ese? "Dignidade" é unha palabra que soa fea no medio desta renuncia a tomar nada en serio que é a liña de pensamento actual. Pero hai que darlle unha oportunidade.
A postura máis digna dun ser humano é a ergueita, que é a que se adopta para camiñar, que é o que se fai para saír respirar. Dixen. Bo Nadal, mellor Aninovo a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario