Foto: Piotr Siedlecki |
Porén,
non podo evitar consultar as páxinas de televisión do xornal para
saber se esa noite, ás oito ou ás dez, vou ter ou non unha razón
para lle abrir a fiestra á TDT.
Non
é só por evasión (que tamén, e non é motivo sen peso) polo que
gusto de moitas desas películas. É que ningunha coñece o adxectivo
“pretensioso”. Enganan como pode enganar toda manifestación
artística, mais as súas intencións son nidias. Teñen claro o seu
camiño e por el camiñan, coa forza despreocupada da imaxinación
(chámeselle inocencia se así se desexa) que conforma a materia
elemental do contador de historias.
Aparte,
son moito menos vulgares cás súas equivalentes de xénero do século
21. Carecen dese cheiro sintético da HD e dos efectos recreados en
computador. Son todo o contrario, porque teñen a súa fermosura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario