Foto: Petr Kratochvil |
Emprego
ese exemplo como o máis notorio, o que sempre se oe nos bares, pero
o mesmo vale para a meirande parte de políticos locais, autonómicos
e nacionais corruptos. Por que son imprescindibles, ou para que?
Sinxelo: para preservar o equilibrio mental de corenta e pico millóns
de persoas.
Nos
últimos anos, aparecen nos medios máis casos de latrocinios e
inxustizas sociais xuntos dos que eu lembre. É un fenómeno masivo
cun lema: eles a unha banda, ti á outra. A idea fundamental é que
eles
son distintos. Que non veñen do mesmo lugar cá meirande parte do
resto. É ben doado de soster se se pensa na Familia Real: os máis
dos seus membros sono por nacemento. “Con eses fillos de puta nunca
xantei”.
Máis
difícil é de aplicar esa lectura xenérica ós casos de
millonarios, empresarios podentes ou políticos: máis dun ten a súa
orixe no pobo chan. E sen embargo, sorprende que os pertencentes a
este non semellen decatarse da semellanza. Sinalan a pantalla do
televisor cando aparecen eles como poderían sinalar un OVNI.
Anóxanse ó oír que outros lamberon millóns de euros poñendo a
man por tras, sen lembraren cando eles mesmos tiñan a súa empresiña
e levaban un cento de facturas da casa para declaralas coma IVE
soportado a ver se colaba.
A
cordura, se se pode chamar así, de boa parte da clase traballadora e
media depende de manter o engano de crer que ese monte de ladróns
son entes alleos. Unha raza aparte invasora. Se acaso, curmáns
desnortados. E non irmáns que mamaron todos do mesmo leite e teñen
idéntica inclinación a apedrar cans. A única diferenza de que uns,
os afortunados, apédranos de pedigrí e outros deben contentarse con
palleiráns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario