tag:blogger.com,1999:blog-27101891624806898702024-03-05T09:21:07.172+01:00A Pequena Novela Galegaou Onde a Grande Novela Galega descubre a sinxelezaAnonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.comBlogger207125tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-11891245572526339462017-09-26T13:57:00.001+02:002017-09-26T13:57:56.937+02:00A saga continúa...

AQUÍ:

https://apequenanovelagalega.wordpress.com

Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-90200231729879366222016-12-01T17:52:00.000+01:002016-12-01T18:10:59.649+01:00A derradeira

Foto: George Hodan

Pois si, esta é a fin: a derradeira entrada d'A Pequena Novela Galega. Non teño máis interese en seguir, por entender que xa dixen canto tiña que dicir, e porque isto me está a quitar tempo para outras cousas. Tampouco creo que vós o teñades en que continúe. Desde logo, popular, o que é popular, non foi este curruncho. Tal vez un dos meus moitos defectos, o de dicir o que, sen pretender ser ofensivo, ás veces non agrada, produciu as consecuencias imaxinables.

Sexa como for, ata aquí chegamos. Non sei se volverá APNG. Pero non estivo mal. Moitas gracias a todos os que viñestes de visita. Penso que nos veremos outra volta.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-5080291278275091622016-11-15T18:15:00.002+01:002016-11-15T18:15:30.988+01:00Donald Trump e as cidades dementes

Foto: Vera Kratochvil

Nos filmes de ciencia-ficción ianquis dos cincuenta sobre monstros xigantes, era común que a acción transcorrera na típica vila do país, pequeneira e con frecuencia preto do deserto, onde todo o mundo se coñece e o editor do único xornal bota a xornada axotando a pachorra, de parola co sheriff ou co médico local a laiarse da ausencia de noticias minimamente relevantes. Ata que xorde unha tarántula mutada en laboratorio ou unha tropa de formigas radioactivas grandes coma Chevrolets. Daquela, pasa a laiarse do risco considerable de que publique a mellor edición da súa vida e os seus subscritores acaben mortos.

Os guionistas escollían este escenario por favorecer o desenvolvemento da historia (aparte de, imaxino, por razóns orzamentarias). Na realidade, tamén adoita suceder que o insólito xurda en lugares remotos.

En Lugo non hai, que se saiba, animais descomunais, mais é unha cidade incomprensible. O comportamento de moitos dos seus habitantes resulta tan inestable coma o clima: en certas épocas do ano, pode ir máis frío ás seis da tarde que ás dez da noite. Aquí pode un dar con xente que aparente adoralo o martes e que o mércores pase por diante súa coma se fora un perfecto descoñecido ou, se o encontro é inevitable, amose un desgusto indisimulado. Un home ó que antes vía moito polo Pazo dos Deportes é exemplo disto. Unha tarde batín con el na Ronda da Muralla e falamos preto dunha hora. Máis ben falou el, que eu apenas dei metido baza. Varias veces me quixen despedir suavemente, por se el me estivera a facer compaña por cortesía e lle privara eu de atender asuntos máis urxentes, en van. A seguinte vez que o vin, saudou con descoido e avisou que levaba présa, sen se deter. No sucesivo, cada vez que me vía, agachaba a cabeza coma accionando un resorte e cambiaba de acera se tiña ocasión. Faría pensar a calquera que tivera sido eu o conversador torrencial. De igual maneira, en case cada rúa pode un cruzarse con rostros de expresión perplexa ó seu paso. Non, non hai que levar o cabelo tinguido de amarelo canario, nin ir recitando en voz alta unha saga nórdica. O aspecto dun pode ser completamente corrente e, así e todo, e sen unha periodicidade regular para esta actitude, provocar un estraño estupor.

Custa afacerse a estas cousas, máis cando se trata de mentes inescrutables, de voces que case todo o din co mesmo ton. Non vale calquera para esta vida.

Estes fenómenos, por certo, non son exclusivos da poboación nativa. Sei de natais de Madrid residentes aquí desde hai anos que fan igual. Conclúo, pois, que non é a persoa, senón o lugar. Un pouco como se temía Unamuno que lle pasaría cando se trasladou a Salamanca, creo lembrar terlle lido nunha súa carta a un coñecido. Dicía algo así coma que, se á volta dun tempo na vila castelá empezaba a virar inactivo e tedioso, non habería dúbida de que se tiña convertido nun habitante máis.

E xa se me foi a man coa digresión. Quería eu falar do triunfo de Donald Trump, cimentado no voto de provincias. Pero non é cousa de vos aburrir.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-85449152394543890292016-10-27T18:17:00.000+02:002016-10-27T18:17:24.344+02:00Vincent Price tiña razón, e non Richard Branson

Foto: Petr Kratochvil

Un destes anos pasados, a estas alturas de ano, falaba eu cunha amiga. Dicíalle, a conto do Halloween, que resultaba curioso que moita xente o preferira polo seu suposto atractivo americano cando, comosaberedes, a orixe desta festa de caretas de plástico feas é europea: Halloween é o Samain vestido de bazar chinés.

A súa resposta foi un desganado "Si... Coido que o ano pasado xa dixemos o mesmo." Non deixou que se lle abrira a boca por educación.

Parece unha reacción comprensible. A variedade é algo en risco de desaparición nun mundo onde podes atopar o mesmo tipo de tendas na Gran Vía, en Via Veneto e nos Elíseos. Unha sucesión de Starbucks. Como non valorala e aspirar a ela?

Porén, eu, como individuo que case nunca remata por facer o que se espera que faga, adoro sen poder nin querer evitalo o ar requintado co que Vincent Price di, en La tumba de Ligeia, un lugar común: algo así coma que unha vida feliz consiste en saber aceptar as súas limitacións.

En algo tan difícil consiste, aventuro, e tamén en saber aceptar as súas repeticións. Que non debe ser máis doado. Non pasa un día sen que tope un cun enfastiado impaciente. Esa caste de humanos de recente aparición, tal vez, que aborrecen pasar dous días ou dúas fins de semana seguidas facendo máis ou menos o mesmo. É loxico porque é a era tecnolóxica e non o é porque é a era dos opositores á Administración Pública. Tempos raros para todo, estes.

A vida, supoño, é repetirse e aturalo sen problema. Aínda estar a gusto, a poder ser. Porque, por moito que se queira, e aínda que se sexa alguén coma Richard Branson, todos os seus camiños se cruzan uns cos outros antes ou despois.

E se se vive nunha cidade de menos de un millón de almas, xa nin vos conto.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-52877560658666217602016-10-18T17:23:00.001+02:002016-10-18T17:23:34.906+02:00Dylan e a orixe da lingua dos inuit

Igual xa vos falei da vez que lle lin a Richard Ford nunha entrevista que el só se poñía a escribir en canto remataba a tempada de béisbol. Amosou valor. O que escribe aínda interesa a moita xente: ten unha reputación literaria que conservar. Dígoo sen matiz despectivo cara todo canto rodea ese deporte, coidado. De feito, case sempre é moito máis gratificante seguir unha competición deportiva ca disertar de temas eruditos. Pero aínda está mal visto no gremio, pola identificación absoluta e pouco meditada por iso entre escritor e intelectual, este tipo de intereses. Tamén hai que dicir que Ford semella xa un pouco de volta de todo e tal vez se poida permitir tal descaro.

Estarei equivocado, como é habitual nestas cousas, mais a súa actitude suxire que algo coma o premio Nobel non lle quita o sono. Velaí un home equilibrado, se tal fora o caso: amigo dun bo recreo para a alma coma a épica do espectáculo deportivo e indiferente ó que non pode afectar á súa existencia de xeito substancial. Destoutra banda do océano ocorre ó contrario. Vin no meu Twitter que acababan de lle conceder o Nobel literario a Dylan. Foi un segundo. Logo seguín dándolle co dedo cara abaixo á pantalla. Teño máis curiosidade por saber se o Breogán vai fichar axiña o pívot titular que lle falta. Non me chamou a atención a decisión dos señores de Suecia, porque hai xa tempo que a miña lista de feitos imposibles pasou a dividirse en a) feitos máis probables e b) feitos menos probables. Cada día, b) mingua en favor de a). Non vou preocuparme nin polo premio Nobel, algo tan alleo para min (e para calquera escritor en galego, e aínda para a meirande parte dos demais) coma a orixe da lingua inuit, nin polo que para algúns é intrusismo profesional. Disto último, a consecuencia máis negativa pode ser que a reivindicación actual do dereito a facer o cretino produza peticións populares disparatadas. Coido que mellor farían os escandalizados por isto en preocupárense por asuntos máis graves que teñen á porta, que lles atinxen directamente e que, diría un, aceptan coma algo sen remedio, ou acaso natural.

Por certo que, neste asunto da letra como obra literaria, lembro como definía Michael Stipe as letras do Monster, de R.E.M. alá polo 94: un pretexto para que a súa voz soara coma un instrumento musical máis. Algo bastante acaído para o que é a música.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-79805373757137295102016-10-04T18:40:00.000+02:002016-10-04T18:40:45.506+02:00A embriaguez era isto (ou peor)

Foto: Junior Libby

Non paraba moito tempo quieto. Sentaba na beira da banqueta, erguíase, volvíase sentar, volvíase erguer. Dunha vez, botou uns dez espirros seguidos. Pero a súa principal preocupación era atopar a súa mochila. Levaba dentro, seica, “cousas do traballo”. Non fun capaz de adiviñar que traballo sería ese. Tiña un aspecto convencional: fibroso, co cabelo rasurado, camiseta e vaqueiros. Xente de peor calidade teño visto empregada (e cabezas moito mellores no desemprego) en Lugo, así que tampouco me estrañaría.

A mochila, como digo, era a súa obsesión. A camareira díxolle por quinta ou sexta vez que alí entrara sen nada. El non se convencía. Tiña que estar por algures. Foi ata o fondo do local, desnortado, mira por acó, mira por aló. Volveu, con aquel seu andar pouco máis áxil có dos zombis de The Walking Dead. Sentou. Pouco botou así. “Canto che debo?” Pagou a cervexa que estaba a beber. Mirou as moedas do cambio na man. Remoeu unha protesta. Eu, ás súas costas, baixei o pé do traveseiro da cadeira no que o tiña apoiado, para me erguer con máis presteza se a cousa pasara a maiores. Non foi así.

Coidei, aliviado, que o pagamento era o paso último antes da despedida. Polo carallo. Tumba e dálle coa mochila. Preocupeime. Era o terceiro peneque severo que vía ó sol da tarde nos tres últimos días; os outros dous, parella choni máis cani, cambaleante e escandalosa, estaban xuntos nunha cervexería preto de Magoi, un domingo ás cinco e media, levando alí desde as once. Tratei de seguir relendo La sombra sobre Innsmouth, á vez que o vixiaba con disimulo e cunha repugnancia coido que evidente. Cada vez que notaba que se ía volver cara min, baixaba os ollos á páxina. Nunca lle termedes da ollada a un borracho hiperactivo: está nun estado máis animal e resulta máis imprevisible do habitual nun humano. A pasaxe que lía era a da confesión de Zadok Allen, por certo. Cada vez que se volvía cara a camareira, por veces achegándose perigosamente, eu calculaba a mellor maneira de lle bater sen mancalo moito. Tiña localizado o punto exacto do seu espiñazo. Por se acaso, e sen remedio. Coma moitas esponxas humanas, semellaba nunha forma física tan notable coma incomprensible.

Non foi preciso o meu cóbado máxico, por fortuna. Marchou, volveu e marchou, e desta Deus foi con el. A camareira xa o coñecía. Era cliente habitual, polo común naquel mesmo estado. Cando viña sobrio, preguntáballe se “fixera algo” a outra noite. Aseguraba que a súa moza estaba celosa dela (que ignoraba ata entón que tivera moza este home) e que el se dedicaba “a matar”. “E eu a reducir cabezas”, replicáballe ela.

Velaquí as miserias da ilusión humana. Que non vos falen das noites de Hemingway no Floridita, nin do encanto de baixar por licor e tabaco con gafas escuras en mañás desas. Que non vos enrede o máis columnista ca escritor de turno coas súas reflexións de clube da comedia pos acordar con cefalea. A embriaguez severa é un pailán que non bate coa súa mochila. Non hai máis. Ou si, pero resulta menos agradable aínda.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-27787767300815182432016-09-28T17:23:00.002+02:002016-09-28T17:23:30.014+02:00Como dicir fillo de puta sen dicilo (e se a alguén lle importa)

Foto: George Hodan

Entre outras cousas, este é o tempo no que todo o mundo opina de todo e inza o mundo (sobre todo o dixital) de indignados porque a súa opinión non semella importar a ninguén como de pulgas inza o pitbull dun deses aspirantes marihuaneiros a tipos duros coa cara chea de metal. A pulsión por opinar non, pero si comprendo esa indignación. Non é segredo que o natural é opinar para tratar de influenciar a quen escoita. Quitado isto último, todo quedaría nun pasatempo absurdo. Para iso, mellor cazar pokemons. Outra cousa é que teñamos en demasiada estima o poder do noso xuízo.

Aquí houbo eleccións este domingo e o ambiente é o esperado. Hai euforia de autoengano (non sei se finxida) nos gañadores e furia por sentimento de derrota a mans dos elementos nos vencidos. Entres estes temos a Xavier Alcalá ou Carolina Bescansa, que entenden que os vellos non deben votar (deixeina botando no punto de penalti para o chiste sobre Castelao), e máis Miguel Anxo Fernán-Vello, que chama ignorante ó pobo galego, á parte que non votou polo seu partido, imaxino. Os dous primeiros apenas se fixeron acredores de pedradas esporádicas. A Fernán-Vello non o propuxeron para lapidación física porque de momento só temos a do ciberespacio. E resulta que os tres viñeron dicir o mesmo. A diferencia: que o terceiro debera saber que hai unhas normas sociais. Podes insinuar que alguén é un fillo de puta, dalo a entender moi falangheiro, poñer a circular un “meme” sobre o particular, de xeito que mesmo unha criatura de chupete entenda que chamas fillo de puta a ese alguén, pero NUNCA empregar a expresión “fillo de puta”. Caca, neno.

Analistas varios chámanlles a atención como se lle chama a un amigo que sabes que se cega se bebe e xa leva catro whiskys: a maneira de que o esquirol se sume á folga non é cuspirlle ese insulto, esquirol. Nótase aí un certo ton de alarma: atribúen a esa arroutada un grande impacto na masa. Aí penso que se trabucan. Dubido que os votantes contrarios que se deran por aludidos ó oír iso de “pobo galego” foran máis de tres. Dubido que a un octoxenario de Ferreira do Valadouro lle importe un carallo o que se diga no Twitter. Nunca é doada a comunicación entre dous mundos. E aquí o illamento é algo ben factible, en moitos sentidos, e non só por diferencia xeracional.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-29645664842920684982016-09-21T19:13:00.002+02:002016-09-21T19:13:59.266+02:00As pedriñas nas botas de Indiana Jones

A casa na que viviu E. A. Poe en Baltimore é hoxe unha casa-museo, sostida mediante o voluntariado e bastante improvisación, se facemos caso a certo artigo recente da prensa nacional. O seu autor, que a visitou persoalmente, sorprendeuse dun detalle: o seu pequeno tamaño. A cociña sería pouco máis ca un burato aberto na parede. O resto de cuartos non amosaban moita máis amplitude. Ó primeiro piso ascendíase por unha escaleira tan estreita que un dos visitantes, un afroamericano obeso, quedou aprisionado entre a parede e o pasamáns. Por moitos esforzos do resto dos presentes, non houbo maneira de liberalo. O home, autoproclamado admirador ardente do escritor, disque mesmo choraba coa carraxe.

Tan incómodo como estaba este visitante en semellante posición debeu vivir case toda a súa vida o escritor. Un factor raramente valorado como relevante á hora de botar contas sobre o que será a felicidade é a comodidade. Na felicidade e na creación literaria, aínda que nesta última ás veces o que se valora é a incomodidade. Jean Echenoz escribe sentado nunha cadeira tan dura que non deixa parar o corpo quieto moito tempo; di el, con certa chacota, que por iso os seus últimos libros son tan breves. Outros houbo que preferían encher folios coa súa caligrafía desleixada ficando de pé. A min esas convencións tipo a crise agudiza o enxeño nunca me convenceron, e menos referidas á arte. Será moi motivador vivir debaixo dunha ponte, pero prefiro un lugar temperado e enxoito. Nunca se debe subestimar o sufrimento que xa per se trae aparellado este tipo de vida.

Mais falaba da comodidade. Non está nunca ben ponderada a súa importancia. A causa de tantos finais tráxicos foi, é e será basicamente a incapacidade prolongada e acumulada para estar a gusto. Nun capítulo de Lost ("Perdidos"), un home coñecía á que sería a súa parella nunha desas terapias colectivas que, seica, axudan a superar traumas e problemas psicolóxicos. Os dous, con esa suficiencia moi propia da mentalidade actual que despreza os matices, coincidían en que as queixas dunha terceira paciente, cos nervios coma cordas de piano porque súa nai non deixaba de lle afanar do bolso, eran unha nimiedade. Eu discrepei ó momento: sería nimiedade para eles dous, que chegaban ben a fin de mes. Para a interesada, 30 dólares de perda frecuente era un inconveniente non supremo, si maior. Eses retos á paciencia e á economía repetidos viñan sendo coma unha pedriña que non sae do zapato por moito que se sacuda nel: acaba facendo sangue.

Pero supoño que, máis ca esa pedriña que consume ós poucos, sempre é moito máis doado de ver o penedo rulante que ameaza con nos esmagar coma a Indiana Jones.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-50252199346032858812016-09-12T17:57:00.000+02:002016-09-12T17:57:06.558+02:00O vídeo non mataría á estrela da radio

Algún xornal xa fala da posibilidade seria da implantación dunha renda mínima universal no futuro. Estes anuncios son coma os dos avances médicos revolucionarios: como pouco, chegarán ó hospital da cidade dun ó cabo de 10 anos. Neste caso particular, non podo evitar o escepticismo. Basean a necesiade de tal salario no argumento de que, tarde ou cedo, as máquinas substituirán ós humanos en case todo traballo. Idea tan vella coma as noveliñas de ciencia-ficción de Edhasa que aínda aparecen, coa capa engurrada e descolorida, nalgunha feira do libro de ocasión. Domane, sempre domane.

Mais non me desagradaría, tampouco. Falaba hoxe no Twitter con Denís Méndez sobre as maneiras de gañar a vida da xente do sector chamado "cultural". Algúns vense obrigados a saír de copas para atopar choio, di que oíu. Como sempre foi: nunca vin ofertas de emprego de guionista de cinema. Nin de novelista. O guionista éo daqueles cos que toma as copas. O novelista, nos máis dos casos, dá o seu traballo de agasallo. Denís, neste asunto, pensa neoliberal: que se deixen de caralladas e busquen un emprego normal. Eu, por contra, creo na honestidade: fai o que mellor fas. Non sexas escritor polo que lle vexas a A. Pérez Reverte, iso é unha mentira: se o que fas mellor é curar, adícate á medicina. Centos, milleiros ou millóns de persoas agradecerán tal decisión.

Agora ben, se o teu único acomodo na vida é a insensatez da arte, dos filmes, de armar historias, e estás ben seguro diso, unha vida de 9 a 2 será unha eterna prenda tres tallas máis pequena: un erro vitalicio a todos os niveis. Aparte, e malia que rara vez se valore, afastarse desa "normalidade" tería un enorme mérito.

De todos os xeitos, tamén o medo é libre. Sobre todo o medo á inanición. Se se concretara esa idea da consecuencia da invasión das máquinas, daríase o sorprendente paradoxo de que á fin o artista con vocación de dedicación exclusiva deixaría de pasar (tanta fame). O futuro sería, raramente, benvido.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-78284151672550378212016-09-08T17:49:00.000+02:002016-09-08T17:49:01.507+02:00O engado dos malos tempos

Foto: George Hodan

Digo eu que facerse vello implica, entre outras cousas, unha meirande facilidade para aceptar os tópicos, esas referencias sociais das que moita xente se vale para non acabar nun manicomio, a falta de capacidade de observación e ausencia de aprehensión perante o que non se coñece: o que se di unha mente aberta. Neste sentido, malia as entradas cada vez máis evidentes no meu cabelo e que non me chisten nada os “youtubers”, sigo sendo novo. A alusión a un tópico coma algo fiable provócame desde irritación imperceptible ata ganas de practicar no interlocutor algún finisher de loita libre, en especial o martinete.

Mais hai un ó que cada vez me sinto máis inclinado a dar validez: o do galego e maila escaleira. Tal chiste indica a xeral insondabilidade do pensamento a esta banda dos Ancares, e estou por crer que, en moitos casos, é certeiro. Dáse ultimamente o tránsito de manifestantes en contra da política nos prezos do leite. Entre a anterior tractorada e a recente orocesión de vacas guiadas polo adival por nenos en torno a unha muralla de 1.700 anos aproximadamente, resulta que houbo unhas eleccións, e que o partido gañador, coma sempre desde que o deseño do seu logo era máis retro, gañou gracias ó voto rural. Non sei de explicación satisfactoria ningunha para o acontecido, como non sexa a desta bipolaridade ideolóxica. En cristián: que nos laiamos de ter que dar sempre vinte voltas á mazá para estacionar pero logo, aínda podendo, non collemos o bus porque é de pobres. Arde o monte, van as granxas á ruína, a medicina privada pasa gradualmente de luxo a destino inevitable e emígrase porque aquí somos moi de ver mundo. Pero a aposta sigue a ser polo engado que, supoño, deben ter os malos tempos.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-3297386664990265942016-08-31T22:02:00.002+02:002016-08-31T22:02:52.805+02:00Maneiras de huno

Leo unha entrevista cunha autodenominada crítica de cinema “online”. As súas respostas están cheas de "(risas)" e palabras coma “review”. Afirma que as súas críticas lle valen cualificativos coma “feminazi”, por acedas e provocadoras. Disque van dirixidas ó que ela chama “machirulazos” ou algo semellante: eses homes que, segundo ela, se negan a ver Girls (di tal coma se fora esa serie de visionado obrigatorio) e lle chaman gorda nas respostas ós seus vídeos. Considero isto un xesto de honestidade: afirma abertamente que a súa é unha batalla de xénero. Claro que, e aquí veñen as dúbidas moi razoables, tamén di que El Gran Lebowski é “machirulazo”, e que a critica para lles dar nos nefres ós idem. Para min e para calquera cun coñecemento mínimo deste filme é calquera cousa agás iso, e nunca unha obra mestra, tampouco. Non alcanzo a comprender de onde tira conclusións tan incomprensibles. É o seu un criterio que da moito que pensar. Acaso pode o candor coa eficiencia.

O caso desta activista metida a crítica de cinema é o de moitos outros activistas noutras causas hoxe, máis ou menos xustas. Querendo combater ós bárbaros, adoptan as maneiras dos hunos. Malos tiempos para la lírica, ou como queira dicirse. Será que eu son dos que non engurran o nariz cando nos filmes de acción os bos fan brincadeiras durante os tiroteos, pero boto en falta certa humanidade nesta xente. Humanidade no mellor sentido da palabra. Non fan doadamente concesión ó humor; acaso á burla, que non é igual. Cando sucede isto, non é tampouco meirande a súa facilidade para tirar faíscas de agudeza. Dan a impresión de ser apenas lectores da sección de Politoloxía e espectadores da escola de Costa Gavras; que non é que estea mal, carallo, pero hai moito mundo alén; Xogo de tronos vale ben para quen guste dela, tan certo coma que na falta de elevadas pretensións e na claridade de ideas doutras menos apreciadas reside moitas veces un encanto que dá a vida. Polo demais, todo é solemnidade. Solemnidade teimuda, mesmo para pedir unha cervexa e un bocadillo nunha barra de barrio, e unha vehemencia de bandeira ó vento. E a razón da que se enchen procede da fe cega, coma a desas persoas convencidas de que un estado de ánimo positivo facilita a cura dunha enfermidade. Cando se lles aclara que isto xamais foi demostrado e que a melloría, de se dar, procedería da mellor disposición do doente para tomar a medicación, abanean a testa con furia e negan coa ollada perdida. Como o feito non se axusta ó seu gusto, non é feito.

En varias series actuais se trata a dificultade de combater monstros sen acabar sendo monstros. O argumento de combater pobres de espírito sen acabar sendo tal non é moi televisivo, digo eu.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-23232327480927164892016-08-25T18:01:00.001+02:002016-08-25T18:08:50.474+02:00O couce na porta do capo

En La mala ordina ("Nuestro hombre de Milán" en España), policial italiano dos 70, do subxénero rechamante e encantador do poliziottesco, plantéxase a rebelión do monicreque contra quen lle move os fíos. Dous sicarios da mafia italoamericana chegan a Milán coa encarga de matar ó suposto ladrón dun cargamento de heroína da organización. Ignoran que é un vulgar chulo de putas alleo por completo ó asunto. Todo era comedia: foi o socio local da organización o ladrón, e á hora de lles dar ós seus superiores xerárquicos o nome dun culpable para librar do enredo, deulles o dun xan calquera.

Aquí é onde o cinema amosa a súa carta branca. Non é só o inverosímil da trama: que a poderosa Nova York crea o primeiro que lle din sen facer comprobación cando se trata de matar espectacularmente. O malandro Luca Canali resistirase a morrer sen coñecer o motivo e acabará contragolpeando ata chegar ó mesmo despacho do capo. A diferencia do xénero negro ianqui, aquí non se trata da loita dun só home contra un sistema podre, por moralidade ou por xustiza social. Aquí, Canali vese acurralado e reacciona coma un animal. Non hai máis.

Con todo, non deixa de ser a expresión dunha idea moi difícil de materializar, a da revolución do paria, que aquí aparece, porén, coma algo moi normal, á vista dunha cidade case por enteiro indiferente ós disparos e cabezadas da presa contra os seus perseguidores e presas ó tempo.

A xente adoita diferenciar entre o cinema e a vida real. Sabe que o que fixo Luca Canali non pode pasar da pantalla. Uns, porque considerarían unha tolemia o contrario, outros, porque cren que acabarían nunha penitenciaría. O que uns e outros de seguro teñen en común é a asimilación doutra mensaxe: a culpa do mal do paria é sempre do paria, e só pode remedialo mediante un alarde de falsa iniciativa: entrar no despacho do capo dun couce na porta, mais non para liquidalo, senón para ser o seu empregado mellor pagado.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-59700985346583991922016-08-18T17:30:00.000+02:002016-08-18T17:30:04.112+02:00Afumar a dinamita

No medio dun itinerario que sigo case a diario, fun dar a outra mañá cunha zona acordoada pola policía. A fita de plástico branca e azul acoutaba un tramo de acera duns poucos metros, entre un asilo de anciáns e a fileira sen oco de coches estacionados que pode verse en case toda rúa lucense. A razón estaba no chan, cuberta cunha manta da cor da canela. O sangue corría pola canle dos sumidoiros. A un lado estaba un policía teso e impertérrito. Á outra había dous bancos, un a cada lado da fita. Os dous estaban ocupados, cada un por unha muller que imitaba o aceno do policía. Parei uns segundos a observar a estampa. Semellaba algo propio dun programa de cámara oculta. As mulleres non amosaban emoción ningunha. Limitábanse a mirar á fronte con aire ausente, coma pensando nas súas cousas. Pensei que, se tiveran a man cadanseu xogo de calceta, poñeríanse a tecer.

Aquí é moi común que a xente asista ás meirandes atrocidades coa ollada no ceo, á procura de nubes que agoiren chuvia, calculando se debe pendurar a roupa a secar ou non en función do que vexa. Por moito que, polo demais, amosen ser persoas tremendamente sentidas en todo o que é a teoría e, pode parecer mentira, cando o mal xa está feito (por eles mesmos, por causalo ou consentilo). Estes días, non hai quen presencie un incendio á porta da súa casa sen mover un músculo. Rillará o demo neles a laiarse da falta de medios das brigadas forestais. Mais hai pouco probablemente depositaron a súa papeleta na urna coa indiferencia de quen se pon a fumar nun almacén cheo de dinamita, ben por ignorancia do que esta é, ben por convencemento de que o proceso de afumado mellora o produto, coma se fora un xamón.

A sensibilidade aquí ten o GPS avariado. Xorde coma unha labarada por motivos tan relevantes coma unha cor que non gusta ou un sorriso de máis ou de menos. Semella darse unha sobreestimación das cousas pequenas. Que nos morra alguén diante ou lle arda a casa ó veciño sonche temas rutineiros.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-76827749916716078592016-08-11T17:44:00.000+02:002016-08-11T17:44:02.153+02:00A copiña do prestixio

Foto: Lode Van de Velde

Xa o dixen algunha vez, penso, mais debo recuncar porque a tendencia permanece: sorpréndeme que a actitude canalla continúe a ser símbolo de frescura entre xente de letras. É máis doado, en igualdade de méritos literarios, que un xornalista ou escritor acaden a loa entusiasmada (o adxectivo é importante) de lectores e (tampouco é xa raro) críticos se o seu universo está poboado de bares escuros vistos a través dunha pantalla de aire tremelicante por razón de corenta graos. Se as súas reflexións enxeñosas e confusas saben a ferruxe coma o acordar logo dunha turca do 15. Teño a sensación de que a súa actitude se considera, dalgún xeito e acaso inconscientemente, revolucionaria. Ía dicir contestataria, pero non sei se o termo se emprega aínda na súa acepción orixinal. É coma “fascista”, abreviado “facha”, que pasou a aplicarse na actualidade tanto a autores de asasinatos en masa coma a opositores á opinión de quen pronuncia tal palabra con indignación.

Dubido, tamén, que se poida considerar revolucionario cebar con insistencia as economías de produtores de alcol e empresarios do lecer nocturno máis probables aliados, aparte do dano para a propia dignidade, pero deixémolo estar.

Sorpréndeme, digo, esta vixencia nun mundo que despreza o que é anterior a Pulp Fiction, porque a figura deste tipo de perdedores é tan antiga coma o lume, como pouco. Todas as costuras do traxe deberan estar xa moi vistas. O mecanismo moi coñecido. É de loar que, por unha vez, algo pasado de moda sexa referencia.

O máis destacable do asunto é para min unha omisión fundamental. O heroe de hoxe, que é un antiheroe, é un contedor andante de nicotina e licor; ás veces acéptase que consuma drogas carentes do estatus de "esnob". Teñen estas persoas, polo visto, o prestixio da resistencia. Mais é curioso que non se repare noutros resistentes: os que fan o mesmo camiño sen estes confortos temporais. Encarar cada día sen whisky nin cigarro supón un esforzo que merece sequera a mención no fondo da entrada dun blog. Polo demais, todo é subxectivo, e a miña subxectividade non é necesariamente a doutros.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-69832524823402366982016-08-01T18:04:00.001+02:002016-08-01T18:04:08.328+02:00Fóra as hemerotecas da vida

Pensa un de cando en vez no que dixo e fixo hai dez ou quince anos e é coma pensar nas ocorrencias que se poden ter durante unha noite de insomnio: tolemias e absurdos que á luz do día se desbotan con incredulidade. Lembro que as miñas opinións eran moito máis simples, moito máis poderoso o meu lado impulsivo (ata a franca temeridade mesmo), moito máis lixeiro o uso que lle daba a palabras coma anarquía ou modernidade e decididamente máis cursi a miña forma de falar de cousas coma o amor ou a liberdade; das miñas dedicatorias de libros nin falo. Non me identifico con case ningunha daquelas ideas. Arrepíntome de moitos daqueles actos. Se alguén os resucitara e mos puxera diante, agora ou algún día, é pouco o que tería autoridade para facer: aquela persoa non é esta, hai moito tempo que non. Non sei se son mellor, pero si moi diferente. Supoño que me limitaría a avergonzarme e sorrir con certa condescendencia á vista das “probas do delito”. Máis nada.

Igual que digo que me arrepinto de moito do feito daquela, pois desconfianza merece quen nunca se arrepinte de nada, digo tamén que, ó tempo, foi un paso fundamental para chegar ó eu presente. Non comparto esa manía actual do abuso das hemerotecas, masivo por mor da internet: fulano di algo e decontado alguén lle afea o comentario cunha imaxe ou un texto de hai anos no que ese mesmo fulano di xustamente o contrario. Se ben en ocasións está xustificado (penso, como non, en política institucional), enténdoa unha agresividade xeralmente innecesaria e sen sentido. Ningunha persoa é a mesma á volta de dez anos, teño lido non sei onde, e sospeito que é verdade. O cambio de mentalidade é propio dunha mente humana; moi estraño sería o contrario. É natural e mesmo terapéutico. Con frecuencia, cómpre realizar as ideas primitivas para se liberar delas. Deixalas atrás mentres se está a tempo, como a serpe deixa a camisa vella logo da muda de pel. Se non, fican latentes aí dentro, a risco de abrollar nun momento que adoita ser o menos oportuno. Con ese cemento se constrúe a traxedia humana.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-82480953493105632222016-07-26T17:51:00.006+02:002016-07-26T17:51:41.121+02:00O misterio das axendas do pánico

Foto: Lynn Greyling

En certa praza está a darse un fenómeno singular estes días. Nos bancos do pequeno parque que ocupa a súa parte central e nas mesas da terraza dun chamado “café lounge” próximo, vense de cando en vez, abandonadas, axendas comerciais desas encadernadas en espiral e tapa dura, todas idénticas, co mesmo logo ben visible. Datan dos anos 95-96, segundo a capa; polo demais, non aparentan uso. Ninguén sabe quen as deixa alí. Só deron en aparecer, sen máis, dun día para outro.

Esta mañá contei tres noutros tantos bancos do parque ó pasar. Nun deles había un señor sentado, completamente inmóbil, coa axenda distanciada nuns 30 centímetros da súa persoa, coma para deixar claro que lle era allea. Onte, a camareira do “café lounge” non daba creto: outras tres apañara das mesas. Pousounas na barra coa reticencia coa que se terma de tres peixes podres antes de botalos ó lixo. Antes, fóralles tirando cadansúa foto co móbil. Chamou decontado á xefa, a ver que se facía con elas. Estaba intranquila. Non era a primeira vez, seique. A cousa, afirmou, dáballe mala espiña. O camareiro da quenda seguinte coincidiu nesta impresión, grave. Eu boteille a man a unha e folleeina brevemente. Era o que era: unha axenda de había 20 anos, do trinque, sen unha soa anotación nas páxinas que mirei. O Daesh reivindica a posteriori, non envía avisos previos por estes medios.

Non fixen aceno incrédulo ningún. Deixou de sorprenderme que moita xente colla aprehensión a algo moi familiar. Pois desta pode tratarse de a) un comercial que procura tirarlle rédito a material obsoleto dun xeito pouco ortodoxo, ou b) a teima inofensiva dun enfermo mental calquera dos moitos que pululan por Lugo desde a ocorrencia de Felipe González de peche masivo de sanatorios aló polos 80.

Pero non. É o tempo no que os artigos de prensa sobre maltratadores entolecidos ou asasinos en serie definan ó detido/abatido/suicidado coma “unha persoa aparentemente normal”. Tampouco creo que a culpa sexa do xornalismo de segunda. Quen pretenda sementar o terror nunha sociedade, estea máis ou menos civilizada, pode empregar un recurso eficaz: o instinto gregario. Empezo a pensar que quen se atemoriza á vista dunha axenda comercial atrasada, aí no fondo, o que persigue é a normalidade. Igual que hai vinte anos ou algo máis a normalidade era gustar daquela canción reggae de Inner Circle que levaba un “a-la-la-la-la-lom-lom-li-lom-lom-lom” no refrán, hoxe a normalidade é que non che chegue a camisa ó corpo, polo motivo que sexa. Ten que haber un como hai unha canción do verán.

Eu deime conta con total claridade unha tarde calorosa de xullo, hai ben tempo. A muller que camiñaba diante miña pola rúa botou case a correr ó notar que eu levaba un pedazo camiñando detrás (non correndo tras) dela. Non reparou en que a rúa era das máis concorridas daquela parte da cidade, e que eran as catro da tarde, e que tal vez eu só levaba o seu mesmo camiño. Non, claro. Así sería unha persoa infrecuente e illada: non tería medo sen razón. Sería coma un raparigo que non lle ve o chiste ó Pokemon Go: só coma unha araña que teceu a tea onde non hai tránsito de moscas.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-41684609685979946402016-07-20T17:37:00.001+02:002016-07-20T17:37:09.979+02:00A menos de 3 millóns de anos luz

Ultimamente sigo bastantes series televisivas á vez. Época estraña esta: hoxe, no ciclo profesional dos actores anglosaxóns, é a televisión a que pode garantirlles pasaporte para o cinema e non ó contrario, como sempre fora desde que coinciden no tempo os formatos. A explicación está en dous cambios: a meirande ambición na produción das series, inversamente proporcional ó grao de creatividade dos guionistas de Hollywood, e a meirande esixencia dos máis dos espectadores; diría que o segundo é consecuencia do primeiro, sen estar certo.

Interésome polo fenómeno pola razón primeira, mais non comparto en absoluto o fervor de moitos (chamémoslles) seriófilos. Eu miro series coma The Strain ou Outcast; eles só falan das que eloxia xente coma Carlos Boyero. Informándome de próximas estreas ou proxectos, ingreso en páxinas especializadas e non podo evitar ler os seus comentarios a pé de ficha técnico-artística. Cando son laudatorios, lembran no pegañento a calquera novela de Federico Moccia; cando son críticos (máis frecuentemente se a temática se afasta do xénero realista), abrolla deles o fel. E sempre, sempre, os percorre a tensión histérica. Semella que consideran unha serie televisiva (que non sexa Modern family ou similar) algo ben máis elevado do que é: basicamente, un medio de entretemento de masas.

O cúmulo deste certo fundamentalismo deuse cando algúns seriófilos nacionais, dado o panorama político institucional, chegaron case a esixir a políticos reais o estudo profundo da serie dinamarquesa Borgen, a xeito de deberes para alumnos castigados. A súa solemnidade era inequívoca. Non soaba a brincadeira, non: de verdade pretendían que gobernaran un país ou deseñaran un programa electoral en función do que se vía alí. Quizais o fixeran a falta de poder facer máis, pois non haberá tempo no que o acceso a case todo sexa teoricamente tan franco coma practicamente inalcanzable no tocante ó importante. Ou quizais porque, na súa fe, unha serie de televisión debe ser unha versión mellorada da realidade, que é coma querer que os trens cheguen á hora que sempre nos veña mellor.

E nesa carraxe coa que poñen a parir unha serie só por carecer da xenialidade precisa para merecer o gasto do seu tempo reside unha verdade esencial: entenden que todo goce ha de ser glorioso ou non ser. Nunca se achegarán, pois, a menos de 3 millóns de anos luz diso que chaman felicidade, se tal cousa existe e non é como dixo aqueloutro: "sei que na vida hai bos momentos; de aí non paso".Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-83164840013465649192016-07-13T21:00:00.000+02:002016-07-13T21:00:03.786+02:00O grosor si importa

Foto: George Hodan

Non sei que escritor anglosaxón famoso polos seus supervendas confesou ter quedado un algo desencantado o día que soubo por que os seus primeiros libros non se vendían. Eran de pouco paxinado, de narrativa definida pola síntese. Estaba bastante orgulloso deles. Polo menos, ata que falou do asunto cunha amiga súa. Esta amiga díxolle que, se ela se tomaba a molestia de ir a unha libraría, era para algo “que pagara a pena”, segundo o seu concepto de consistencia: un libro voluminoso. Para comprar unha cousiña de cento e poucas páxinas do groso dun dedo, non lle compensaba a viaxe. O escritor interpretou, polo visto, este comportamento particular como algo estandarizado e pasou a escribir ladrillos ben amenos de 500 páxinas. Vendéronse coma o papel hixiénico en Venezuela.

Pensei nestas cousas dando unha volta o outro día polas casetas da Feira do Libro Antigo e de Ocasión (máis do segundo ca do primeiro), na Praza Maior. Cada ano dura menos a volta porque cada ano se perde nas casetas máis espazo para libros (máis transcendentes ou menos, pero) interesantes e difíciles de atopar en favor de espazo para novelas famosas de aspecto e contido vulgar, tal vez regaladas cos xornais, descartadas unha vez concluído o seu período de vixencia na mesa de noite dos propietarios: logo dunha única lectura. Moitos son estrutural e documentalmente notables, carentes en cambio do elemento superfluo que move a novas visitas: o detalle.

Estas feiras son, ou tal me parece, unha especie de cemiterio dos gustos lectores máis estendidos. Dos produtos das viaxes á libraría de milleiros de amigas de escritores supervendas. Son ós libros o que as listas do desemprego á humanidade, agás porque no caso dos primeiros, o criterio de descarte é polo común moito máis certeiro.

Alégrame non atopar apenas nesas casetas libros opostos ó concepto de supervendas segundo a teoría do noso autor anglosaxón: pouco paxinado e moito traballo do detalle. Pode ser, tamén hai que dicilo, porque xa de primeira man non se vendían. Pero é un feito diferencial respecto ás leis do desemprego: o habitual é que o mercado (e a palabra é sen dúbida axeitada: carne) prefira cantidade e brillo fato no sitio de calidade e sabia discreción.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-80524734395689588472016-07-07T17:27:00.003+02:002016-07-07T17:27:44.939+02:00Un ollo de vidro (ameazador)

Foto: Alex Borland

Unha vez, hai xa anos, comprei unha cámara dixital sinxela de 8 megapíxeles e botei a andar á procura de imaxes que xustificaran o seu uso. Aínda a conservo, canda as fotos que fixen. Todas amosan natureza morta, máis curiosa ca outra cousa. Estimo que o motivo de que así fose contén un 40% de escaseza de vida social e un 60% de decoro.

Leo estes días que “Quimi” Portet, o ex de El Último de la Fila, denunciou (é dicir, propuxo para linchamento) no Twitter a un camareiro porque este non soubo o que era un “café amb llet”. O camareiro entendía o galego, por selo, o castelán, o inglés, o francés... mais non o catalán, nin o valenciano. Así llo fixo saber a Portet, que debeu intuir nesas palabras un grao de insidia merecedor da súa ira, porque se non non se explica a súa reacción en persoa cabal: botou a man ó móbil, que ben podería levar pendurado ó cinto dentro dunha canana, apertou o gatillo da pantalla táctil e subiuno todo á nube dos tronos. De novo a reminiscencia do Oeste: teñen máis gracia os carteis que se ven nos filmes do xénero pendurados nunha parede de táboas, co retrato robot do falcatrueiro entre o grande WANTED e a recompensa en miles de dólares; o do Indio (Gian Maria Volonté) en “La muerte tenía un precio”, de Leone, represéntao a el botando unha gargallada.

Nunca pode un estar certo do que faría no lugar doutro nunha situación determinada. Penso que, neste caso de indignación ata onde sei esaxerada, e tal vez tamén noutros cualificables de verdadeiramente graves, eu sería incapaz de ameazar a un ser vivo intelixente cun ollo de vidro. Paréceme algo francamente groseiro, dun absurdo vulgar, do que non ten gracia. Se a situación o requirise, usaría o teléfono para marcar o 091, ou interviría cos puños de non quedar máis remedio. Pero iso non. Entre outras cousas, supón darlle a razón a esa xente de mediana idade que bota o día a laiarse de que antes o mundo era mellor. De que antes a xente usaba as cámaras para retratar naturezas mortas que, por artisticamente risibles que foran, non deixaban en evidencia ó fotógrafo.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-27756743216887363002016-06-30T17:37:00.002+02:002016-06-30T17:37:34.007+02:00O humor de Emilia

A actriz que interpreta a Danaerys Targaryen en “Juego de Tronos”, Emilia Clarke, non coincide co modelo de beleza feminina actual. O seu corpo é baixo (metro sesenta, como moito) e as súas formas tenden á curva pronunciada e non á esvelteza. Malia que, aparentemente, isto debera supoñerlle unha desvantaxe no mundo do espectáculo, nunca moi espiritual que se diga, os donos do capital adoitan tratar de tirarlle partido da única forma que se lles ocorre ás súas cabeciñas. Comentaba quen traballou con ela que a viron avanzar por corredores de estudios aprisionada nun vestido tan cinguido que mal lle deixaba moverse con mínima soltura. O que lles chamou a atención foi a súa actitude. Ía facendo chanza tanto da situación coma da súa propia figura, probablemente en equilibrio deficiente sobre uns tacóns de 10 centímetros.

Ten un mérito inmenso tal punto de vista da vida. Presumo que a xente coa que topaba lle seguía a corrente: que ría con ela. No mundo anglosaxón, pode ser, non sei. Aquí abaixo é moito máis difícil. Se o fixera, Emilia vería, por contra, un desfile de facianas de expresión estrañada. “E logo a burra esta? Vai apertada coma unha sardiña na lata, a piques de ir de fuciños ó chan a cada paso, e aínda ri.” As máis caritativas turraríanlle por unha manga e murmuraríanlle á orella que a cousa non era para chacota, como se ela, inocente, non se tivera decatado. As máis dignísimas-furibundas, que non se rebaixara a ridiculizar o seu propio corpo.

Aquí, as máis das veces, non se entende o que é o sentido do humor. Confúndese coa alegría ou coa simpatía, cousas ben diferentes.

De feito, o humor (“humorismo”, termo para ensaios) está emparentado co tráxico. O seu rédito lle tirou Charles Chaplin, por exemplo, que facía rir ás gargalladas ós espectadores véndose obrigado a comer, na súa miseria, unha bota fervida a falta sequera dunha codia de pan duro. Os mellores humoristas que teña eu visto moi raramente sorrían. O meirande inimigo do humor é o exceso de amor propio.

Outra variedade de falso humor, moi popular hoxe, sobre todo en redes “sociais”, é a inversa: a que practica esa xente que está todo o tempo de brincadeira (sobre o non considerado politicamente correcto, polo común; os temas sacros, nin tocalos). Non é raro que, por baixo dese pelello, carezan de calquera forma de sentido do humor. Abonda con analizar as súas brincadeiras e poñérllelas diante. A pouco que teñan un mal día, por efecto da contrariedade saltarán á gorxa dun. Son as criaturas máis doídas de todo e por todo motivo que haxa. Consello: con elas, arrenégote demo.

Porque o humor, aínda procedendo dela, non se deixa vencer pola traxedia. Todo o contrario: funciona a xeito de blindaxe contra esta. Ó individuo con humor, coma Emilia Clarke, a traxedia bótalle por enriba caldeiros de carne crúa. El limítase a asalos ó espeto e comelos con cachelos.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-42948251333154982732016-06-20T18:10:00.002+02:002016-06-20T18:10:41.006+02:00Inconsciencia do incendio

Cutter's Way, en España “El camino de Cutter”, é un filme dos primeiros 80 baseado na novela da década anterior de Richard Thornburg, que tiña por tema un dos máis suxestivos da historia contemporánea: a fin da ilusión hippie. Nunha escena, Jeff Bridges déitase coa muller do seu mellor amigo, un mutilado de guerra violento e tolambrón. Ela, Lisa Eichhorn, explícalle que moitas veces acorda no medio da noite e pregúntase se hai algo que lle importe, aínda que sexa un pouco. Máis nada. El entende á primeira. Logo contaralle ó seu amigo, John Heard, que a súa muller está moi deprimida: moito. Pode que fose certo. Ela, desde logo aparentábao. Co que a muller non contaba foi con que ó resto do mundo si lle importara ela. Seu home e máis seu amante andaban a chantaxear, sen medir os riscos de tal acción, a un ricacho con gusto por violar e asasinar mociñas nas canellas escuras. A casa de Lisa foi incendiada a mesma noite na que estivo con Jeff, con ela durmida dentro. Algo antes, el, ignorante do que sucedería, fixera o que toda persoa adúltera que se prece: vestira os pantalóns e marchara, malia ter prometido o contrario.

O mundo actual, mediaticamente falando, é un fervedoiro de escándalos, intrigas, conspiracións e perigos. Tanto é así que dá a impresión de que os mais dos seus habitantes, polo menos os do hemisferio norte, sobrealimentados neste sentido, deixáronse caer na cadeira e desabotoaron o cinto, co bandullo ó aire, incapaces de facer máis nada ca se apegar á banalidade. Un conspiranoico diría que Os Que Moven Os Fíos lográrono: a saturación acadou o cerebro. Pero sería inxusto: había moito que non se vía, por parte dunha minoría moi notoria, semellante capacidade de manifestación, por case calquera motivo. O malo do asunto é o seu criterio dubidoso á hora tanto de elevar ó Ceo coma de condenar ó inferno, pois non se lles coñece termo medio.

Pouco importa, tamén, dado que esoutra maioría demasiado mantida é a que decide case todo. E lembran un pouco á sufrida esposa interpretada por Lisa Eickhorn: o seu desinterese cara o que os rodea non é recíproco. Claro que nunca se dan por informados: son de dixestión interminable. E de pel coma o granito: xa pode arder a casa con eles dentro, que non fan nin amago de abotoar o cinto. E apágase o lume e alí seguen, na mesma posición.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-12956599914489300452016-06-14T18:52:00.001+02:002016-06-14T18:52:26.677+02:00O mecanismo da cimitarra

Foto: Linnaea Mallette

Jorge De Vivero editou hai nada un poemario, nunha modesta tiraxe de 100 exemplares, sen selo editorial. Afirma que non o pon no mercado porque, ó tratarse de poemas sobre temas tan sombríos coma a morte ou a desilusión vital, non está disposto a compartir semellante sufrimento coa xente en xeral. Non llo desexa a ninguén.

Engade que, ultimamente, percibe moita felicidade ó seu redor, e iso dálle envexa, pola súa incapacidade para alcanzala. Conxectura que o segredo da felicidade reside da capacidade para a inconsciencia.

Coincido na súa percepción de felicidade multitudiaria, e na súa estrañeza perante tal cousa. Sobre a súa teoría, se ben non a vexo mal encamiñada, dubido que sexa tan sinxela. Sospeito que as características actuais da persoa feliz tipo poden moi ben non ser as que cabería pensar. Por unha banda, sigue existindo unha lexión de sedados neuronais que botan a vida falangueiros incansables coma o cantante de orquestra verbeneira máis convincente por gozar da habilidade da cegueira intelectual: o que non vexo, non me afecta. O seu prestixio social é elevado: mellor que nos fagan rir ca que nos amosen a verdade. Mais tamén percibo unha nova caste de humano feliz: o que, definíndose coma tal, teima en afondar en temas máis ben deprimentes. Hai unha moda recente, por exemplo, que consiste en pretender facer pasar os enigmas físicos/matemáticos por material eficaz para a ficción de aventura e entretemento. É un absurdo. Eu, polo menos, non vexo comparación entre un heroe brandindo unha cimitarra e outro unha calculadora científica. Non é boutade testosterónica: a aventura, coma o horror, é desde sempre algo que chama polo lado máis primitivo. A era 2.0 e subindo mal pode cambiar algo así.

Mais esa semella ser, máis ou menos acentuada, a tendencia: o tedioso e incómodo é hoxe o estimulante e épico, e viceversa. Mexarían por Emilio Salgari e por Edgar Rice Burroughs, se viviran. Desconcerta un tanto, pois un sempre coidara que a felicidade no ser humano prefire o esencial. O mecanismo da cimitarra.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-40753590528096733562016-06-08T17:43:00.000+02:002016-06-08T17:43:14.604+02:00Aroma de churros no Edén

Foto: Lode Van De Velde

Unha das particularidades de ser un escritor na sombra é que ninguén o chame a un para formar parte do xurado dun premio. Se ben tampouco teño présa ningunha por que tal cousa suceda, tamén digo que me intriga un tanto o que tal debe supoñer. O que debe pasar pola cabeza de algúns membros de xurados para tomar as decisións que toman.

Aquí por Lugo anda moita xente alporizada pola mesma razón de sempre a estas alturas de ano. O cartel do San Froilán, esas festas que me forzarían ó exilio en Burkina Faso durante a primeira quincena de outubro se iso fora posible, volve ser algo que seica non representa a esencia da festividade. A min paréceme que o deste ano si que a representa: é un "collage" moi semellante ó escaparate dun bazar chinés. Entre isto e a mediana da Avenida de Ramón Ferreiro invadida de subsaharianos vendedores de bolsos baratos e o aire de aroma a fritura de churro existe un paralelismo innegable para quen o queira ver.

Si concordo cos que opinan que o deseño é mellorable. Podería pensarse que se escolleu a mellor obra do certame, de non ser porque hai participantes que afirman ter presentado mellores carteis. Aínda sendo como é este un xuízo subxectivo, acredito nel: a miña experiencia nos máis dos premios literarios ós que mandei o produto dos meus nervios faime pensar que é prudente dar a certeza do mesmo por moi probable.

E disto vou dar ó enigma: que pode suceder nun xurado que mova ós seus membros a complicar ata o indicible o que, de primeiras, se presentaba coma unha solución máis sinxela? Os fallos de moitos que avaliaron obras miñas téñenme deixado, por comparación coa premiada, estupefacto, incapaz de comprender os mecanismos dos seus caletres nunha situación que mal se podería cualificar de límite, nin sequera de moi transcendente.

Os xurados son, nestas ocasións, un bo exemplo da tendencia humana. Abundan no mundo

os especialistas na creación gratuíta de sarillos desesperantes a partir de problemas solucionables mediante a flexión do dedo maimiño da man dereita. Se se lles pregunta por que fan o que fan, dispóñase un a advertir unha actitude esquiva, un aceno preguiceiro ou un silencio teimudo. Se se lles insiste, aparecerá o escándalo perante o que entenden unha actitude inhumana. Segundo a súa política, tirar polo camiño máis práctico e menos traumático sería propio de autómatas. Diría un que lle dan a razón a ese Deus enfastiado da súa propia creación que se ve con certa frecuencia na cultura popular: criaturas nacidas para ceder á Serpe. Para o caso, encher o Edén de churrerías e boureo de barraca.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-89135997689890450422016-06-01T18:22:00.000+02:002016-06-01T18:22:57.023+02:00A urxencia do bañista

Disque hai un concelleiro en Barcelona de costumes excepcionais. Josep Garganté chegou o outro día a un pleno vestindo bañador. É unha das súas particularidades máis inocuas, se se pensa que lle ten dito a algún sindicalista ó seu xuízo pouco ardoroso na reivindicación que "sabía onde vivía"; quen coñeza o terreo amosará unha miga de comprensión. É definido por algúns coñecidos coma "bipolar" en sentido non literal: o seu temperamento cambiante pasa da caricia á labazada en función do día que teña.

Detalles coma o do bañador sempre me deron que pensar. É máis ou menos adiviñable a intención do protagonista, pero algo que adoita pasar desapercibido é o que significa o feito da realización dese acto: unha ausencia total de vergonza, dito sen reprobación, ou ben unha enorme resistencia mental. Se esta fose motivada por algo distinto da irreflexividade, obrigado sería recoñecerlle certo mérito. Algunhas nais, antes, aconsellaban a súas fillas saír da casa coa roupa ben limpa por se as atropela un coche. Do mesmo xeito, e sen desexarllo en absoluto, daría unha estraña estampa unha persoa vestida cun bañador sacada a ombros do pleno dun concello polo persoal sanitario logo de padecer algún tipo de indisposición, por exemplo: ou ter morto alí mesmo. Cando coidamos estar a perseguir unha boa causa, ou só facer o que é mellor, non reparamos nas voltas que pode dar o azar, nos camiños nos que podemos rematar. Sacrificamos a dignidade, ou ben cargamos a tumba aberta porque ignoramos o que tal cousa é. Dito sen acritude. Con certa turbación.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2710189162480689870.post-89872544916911625322016-05-25T17:21:00.000+02:002016-05-25T17:21:01.224+02:00Os cabalos de Verhoeven

Souben que Paul Verhoeven seguía vivo cando reapareceu hai pouco nun festival de cinema. No seu filme, unha muller é violada con estraña frecuencia na súa propia casa por un encarapuchado, sen que ela pareza facer nada por evitalo unha vez acontecido. É todo moi Verhoeven: as baixas paixóns. Neste sentido, opina o director que o ser humano en nada difire dun cabalo. Discrepo: os cabalos non dirixen filmes, aínda que algún ben puido ter escrito a premiada nalgúns certames de novela que eu sei. Non dei evitado a tentación de dicilo; segundo Oscar Wilde, a mellor maneira de facelo é caendo nela.

A idea de Verhoeven, sen ser de todo atinada, achégase moito á realidade. Hai moito tempo que aquí as eleccións se gañan ante todo por medo, a emoción máis instintiva, e polo tanto máis próxima ó estado animal, que poida haber. Cando non, os dirixentes gobernamentais, coma calquera líder ou persoa de confianza en xeral, escóllense ante todo por simpatía ou sensación de seguridade (adoitan ir unidas), que combate o medo. Maniféstase admiración por quen, procurando buscar a xustiza, indica co dedo a calquera sen lle importar de quen se trate. Mais, cando esa acción allea á servidume lle trae represalias, é abandonado á súa sorte e del coméntase, acaso con certa tenrura, que foi estratexicamente torpe. Como moito, imprímense algunhas camisolas coa súa cara estampada na dianteira, unha vez morto. Por iso, probablemente, sexan tan poucos os aspirantes a heroe hoxe. Os animais fan o mesmo. Neles non é nada frecuente a solidariedade ou caridade: cando un membro da manda está ferido ou enfermo e frea o ritmo de avance desta, déixaselle atrás para que o depredador o devore mentres o resto foxe. O seu sacrificio en favor do colectivo tampouco será homenaxeado, claro.

O anterior non leva intención de crítica social; non é, polo menos, o motivo principal. Penso no asombroso do feito de que a meirande parte da humanidade non aparente ser consciente do moito que lle imita a un cabalo. Moitos votantes e abstinentes ergueranse o vindeiro 26 de xuño coidándose seres maiormente racionais. En serio. Teño curiosidade por ver como sería todo se un día comprenderan de vez a verdade, e o que tal implica. Non coido trabucarme se digo que daba para un filme posapocalíptico estimable. Podería dirixilo Paul Verhoeven.Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05895614130334437151noreply@blogger.com0